domingo, 16 de noviembre de 2014

martes, 11 de noviembre de 2014

lunes, 10 de noviembre de 2014

Primeiro día do curso de Vimianzo: ferramentas de recollida

Pola infoxicación que permiten as novas tecnoloxías, temos que curar contidos. Para facer isto, contamos cunha ferramenta chamada Scoop.it. Gústame esta ferramenta para concentrar toda a información que me interesa sobre un tema. Ademáis, busca en Google por min e así poder escoller os enlaces que máis me interesen.

O que acontece é que, con tanto ir e vir dunha aplicación á outra, teño moitas contas abertas e as miñas redes sociais están desatendidas. Por iso, abrín unha conta en Netvibes. Esta aplicación ten un escritorio virtual no que podo ter atendidas todas as miñas redes sociais, así coma os meus correos electrónicos. Podo ter máis dun escritorio virtual: de noticias, noticias temáticas ou inventado dende o principio por min con ampliacións como axendas, calendarios, etc...

Os favoritos do meu ordenador están a rebosar e non lles fago moito caso. Teño que pararme un día a clasificales... Iso é ben certo, pero nunca atopo oco... Ademáis, moitas veces, na clase suspiro por eses enlaces que atopei o día anterior e que me virían deperlas, pero son un pouco pregizosos e quedaron na casa. Para evitar todo isto, temos páxinas como Diigo que nos axudan non só a gardar en favoritos nunha páxina web, senón que ten un "plug-in" que podo instalarlle ao meu navegador (sempre que sexa Chrome, Mozilla ou Safari) para só ter que darlle á icona de  Diigo que aparece no navegador e que se garde automáticamente. A maiores ten unha ferramenta cun lápiz que me axuda a facer de marcador para memorizar a páxina co que me chamou a atención de xeito resaltado.